| La Dorada |
Pouco faltou para ter que me quedar en Bogotá durante a Semana Santa, pero por sorte saiume un plan de última hora e puiden coñecer un pouco máis deste país...
| Virxe á beira do río Magdalena en La Dorada |
Desta vez tocou viaxar ata La Dorada, un pobo situado a unhas 3 horas e media de Bogotá en coche se hai sorte. Con mala sorte, coma na viaxe de volta, a cousa pode pasar das 6...
| Virxe en San Miguel, Antioquia |
Como en Galicia, en Colombia tamén son típicos os petos de ánimas e as imaxes de santos nas encrucilladas. Non chegan ó nivel dos cruceiros de Galicia, pero como estabamos na Semana Santa, pois tireille unhas fotiños a algunhas.
| Ventiladores no mercado de La Dorada |
La Dorada é terra quente, demasiado quente para min... Para demostrar o calor que hai deixo a foto de arriba, na que se ven ventiladores no mercado do pobo...
| Río Magdalena ó seu paso por La Dorada |
| Benvidos a Singapur |
Singapur é unha facenda gandeira de 2.000 hectáreas aproximadamente que ten máis cabezas de gando das que eu podería contar...
| Piña |
Alí pasei uns días plenamente entregado ó descanso, pero tamén teño que admitir que foi unha fin de semana ben didáctica: aprendín a xogar ó Rummy-Q e ó tridominó e tamén aprendín que as piñas non crecen en árbores senón nun arbusto a ras de chan...
| Ponte derrubada polo río La Miel |
Tamén puiden dar un paseo ata o pobo máis cercano á finca (San Miguel) e ver como o río La Miel está gañando terreo e levándose incluso por diante o camiño, o chan e as pontes que atopa polo medio.
| Casiñas de San Miguel |
| Vendedor de xuca a domicilio en San Miguel |
| Así se escribe "casona" en Colombia, que pasa? |
| Río La Miel |
| Barcaza para cruzar o río La miel no pobo de San Miguel |
| Volvendo a casa en lancha |