| Non hai sitio onde vaia onde non estivera antes Bolívar... Menudo viaxeiro este home! |
Unha vez máis tiven a oportunidade de pasear por Quito e encántame!; as súas casas de cores, as súas xentes, o enclave co fermoso volcán Pichincha gorecendo a cidade. Quédame aínda a espiña cravada de que as dúas veces que fun o ceo anubado impediume albiscar ao lonxe os volcáns nevadosque rodean a cidade... Aínda así, desfrutei moito con só pasear polas rúas da cidade histórica, todo un agasallo. O único pero foi a choiva, que caeu arreo toda a fin de semana, pero como había meses que non chovía, os quiteños estaban encantados, polo que non me importou acabar mollado coma un pito xa que eles estaban contentos.
| Rúa de Quito |
| Limpabotas quiteño |
| Outra rúa coas súas características casas de cores |
| Plano da cidade vella |
| Fermoso recuncho fora do circuito turístico |
| Convento de San Francisco |
| Desta vez choveume arreo |
| Casa de Sebastián de Benalcázar, fundador da cidade |
| Basílica do voto nacional dende lonxe |
| Unha das primeiras casas de dous pisos da cidade que pertenceu a un dos fundadores |
| Primeira imaxe que me atopo do santo fundador do Opus... ¡Manda carallo! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario